Sunday 05 de May de 2024

A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre e a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro impulsarán a creación dunha Comunidade Enerxética Empresarial


▪ Con esta iniciativa preténdese mellorar a competitividade empresarial mediante o emprego da eficiencia enerxética con fontes de enerxía que permitan manter a sustentabilidade ambiental e económica.

▪ Os autónomos e pemes ubicados nos parques empresariais dos Polígonos do Tambre, Boisaca, Costa Vella, Sionlla e Milladoiro poderán adherirse e beneficiarse dun aforro importante dos seus custos enerxéticos.

A Cámara de Comercio de Santiago, xunto coa Asociación Área Empresarial do Tambre e a Asociación Novo Milladoiro, ten previsto poñer en marcha unha comunidade enerxética empresarial que poida beneficiar aos autónomos e pemes ubicados nos polígonos do Tambre, Boisaca, Costa Vella, Sionlla e Milladoiro, axudándolles a avanzar na descarbonización da súa actividade produtiva, impulsando un desenvolvemento sostenible e mellorando a súa competitividade, mediante a reducción da súa dependencia do mercado eléctrico e o aumento da súa eficiencia enerxética.

Así o anunciou a Presidenta da entidade cameral, María Pais Fajín, na xornada, que tivo lugar no Hotel A Quinta da Auga sobre “Enerxías renovables e a transición enerxética en Galicia”.

O acto, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración con ABANCA, contou ademáis coa participación nos actos de benvida e peche, de Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, Director do Departamento de Enerxía do INEGA, Xesús Manuel Domínguez Domínguez, Terceiro tenente da Alcaldesa e Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras do Concello de Santiago, José Lino Comesaña Calvo, Director de Negocio Institucional de Abanca en Galicia, Asturias, León e País Vasco.

De igual xeito, Joaquín López Pérez, Xefe de Área de Enerxías Renovables do INEGA, informou aos asistentes do programa de incentivos ao autoconsumo e a proxectos de comunidades enerxéticas da Xunta de Galicia, e por último, Javier Zuazola, Director Comercial de EDINOR e José Andrés Palacio, Director da Cámara de Comercio de Navarra falaron da importancia medioambiental, social e económica da posta en marcha destas comunidades e do papel que as Cámaras de Comercio están a xogar no
desenvolvemento económico sostible da súa demarcación, mediante a promoción e vemento económico sostible da súa demarcación, mediante a promoción e constitución por todo o territorio nacional de Comunidades enerxéticas locais e empresariais. Modelo que sería perfectamente extrapolable á nosa Comunidade. A Presidenta da Cámara de Comercio de Santiago destacou destacou a “necesidade de
promover unha economía sostible e equilibrada co medio ambiente, nos termos recollidos na Axenda 2030 e, neste sentido, as comunidades enerxéticas son un vehículo eficaz para a transición enerxética, ao supoñer ou uso de fontes de enerxía verde que permitan alcanzar un desenvolvemento económico sostible e mellorar a competitividade das nosas empresas a través do aforro dos seus custos enerxéticos”.

As empresas que se adhiran á Cómunidade Enerxética, poderán beneficiarse, mediante a colocación de instalacións fotovoltaicas en réxime de autoconsumo compartido, dun aforro dos seus custos enerxéticos nunha porcentaxe aproximada dun 25%, e dunha compra mancomunada de enerxía 100% renovable para o 75% restante, o que lle permitirá optimizar dun xeito considerable a súa factura. Cuestión non baladí, se temos en conta que moitas das empresas ubicadas nos Polígonos son electrointensivas.

Para seguir avanzando na posta en marcha da Comunidade, en breve se iniciarán estudos individualizados sen coste algún para as empresas interesadas ao obxecto de cuantificar a súa demanda enerxética, o aforro de custes que se prevén obter e a inversión necesaria a acometer, a cal poderá subvencionarse ata nun 60% a través da convocatoria de axudas do PROGRAMA DE INCENTIVOS A PROXECTOS PILOTO SINGULARES DE COMUNIDADES ENERXÉTICAS (CE IMPLEMENTA) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola UE- Fondos Next Generation-EU.